Páginas

sábado, 23 de noviembre de 2013

"Non camiñar de seonllos"

"Todos os homes nacen libres e iguais en dignidades e dereitos" di o artigo 1. Que nacen pode ser, pero os poucos minutos faise o aparte. O artigo 28 establece que "todos temos dereito a una xusta orde social e internacional. As mesmas Nacións Unidas infórmannos, nas súas estatísticas, de que canto máis progresa o progreso, menos xusto resulta. A repartición dos pans e os peixes é moito máis inxusta nos Estados Unidos ou no Reino Unido que en Bangladesh ou Ruanda. E na orde internacional, tamén os números das Nacións Unidas revelan que dez persoas posúen máis riqueza que toda a riqueza que producen países xuntos. As dúas terceiras partes da humanidade sobreviven con menos de dous dólares diarios e a fenda entre os que teñen e os que necesitan triplicouse desde que se asinou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Medra a desigualdade e para salvaguardala medran os gastos militares. Obscenas fortunas alimentan a febre guerreira e promoven a invención de demos destinados a xustificala. O artigo 11 cóntanos que "toda persoa é inocente mentres no se probe o contrarito". Tal como marchan as cousas, de aquí a pouco será culpábel de terrorismo toda persoa que non camiñe de xeonllos, aínda que se probe o contrario.

"Carta ao señor Futuro"
(Eduardo Galeano)

No hay comentarios:

Publicar un comentario